Pasar al contenido principal

Concerto de Ensemble Dextrum este sábado no Paraninfo con obras de estrea absoluta

Foto: Ensemble Dextrum
Foto: Ensemble Dextrum

O cuarteto de saxofóns galegos Ensemble Dextrum ofrece este sábado 7 no Paraninfo da Universidade un concerto enmarcado no ciclo XXII de Música Galega de Nova Creación organizado pola Asociación Galega de Compositores.

O recital, previsto para as 20.00 horas, contempla un programa con cinco obras de estrea absoluta: ‘Ictus’, de Luis Carro; ‘Señardade’, de Xoan Antón Vázquez Casas; ‘Variacións e Rondó para cuarteto de Saxos, Op. 169’, de Paulino Pereiro; ‘Un mundo feliz’, de Julio Montero, e ‘ Stravaganza’, de X. Comesanha.

Os inicios de Ensemble Dextrum veñen marcados pola inquedanza de facer boa música de cámara a través do saxofón, buscando un xeito de comunicar sinxelo e atractivo para todos os públicos. O cuarteto confórmano Alberto Rocha no saxofón barítono, Javier Comesaña no tenor, Blanca Represas no saxo alto e Miriam Aneiros no soprano.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.04.2018.