Pasar al contenido principal

Acto de apertura

XLIII Xornadas de Colexios Maiores Universitarios

03.02.2022 | 09.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Metatendencias, Universidade e Colexios Maiores: unha ruta para 2050

Colexio de Fonseca
Colexio de Fonseca

Do 3 ao 5 de febreiro, as XLIII Xornadas dos Colexios Maiores Universitarios de España congregan na USC a colexiais, membros dos equipos directivos e expertos en distintas disciplinas en conferencias e mesas de traballo conxuntas para reflexionar sobre "Metatendencias, Universidade e Colexios Maiores: unha ruta para 2050". 

O acto de apertura, que arrancará o xoves 3 ás 9.00 horas no Salón Nobre de Fonseca, contará coa asistencia do reitor da USC, Antonio López, o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. O Concello de Santiago tamén estará representado no acto. 

Emilio Ontiveros, analista económico e financeiro e experto en Economías Emerxentes e Innovación Empresarial, será o encargado de impartir a lección maxistral. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.02.2022.