Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura
A asistencia é de balde e esixe inscrición previa a través da web da Cidade da Cultura.

Os centros de investigación da USC, CiQUS, CiMUS e IGFAE celebran conxuntamente unha nova edición do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia apostando polo teatro e en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura. Nesta ocasión, traen a Compostela o bio-musical científico “Christiane”, unha obra escénica que constitúe unha homenaxe en vida á figura da recoñecida investigadora Christiane Dosne Pasqualini, a científica que con 22 anos chegou a Bos Aires para traballar xunto ao Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1947), Bernardo Houssay.
A obra de teatro representarase o vindeiro 11 de febreiro, venres, no auditorio ‘Xosé Neira Vilas’ da Biblioteca e Arquivo da Cidade da Cultura. Terán lugar dúas sesións cunha duración aproximada dunha hora cada unha: ás 10 e ás 12 horas.
A peza está orientada fundamentalmente a alumnado de 3º e 4º ESO e Bacharelato. A asistencia é de balde e esixe inscrición previa a través da web da Cidade da Cultura.