Pasar al contenido principal

Publicada a listaxe de prazas vacantes en mestrado para o segundo semestre

Os prazos botan a andar o día 4 de febreiro. FOTO: Santi Alvite
Os prazos botan a andar o día 4 de febreiro. FOTO: Santi Alvite
Tamén se publicaron as vacantes para traslados en graos con cota de prazas. Os prazos ábrense este venres 4 de febreiro e estenderase ata o día 11 deste mes
Lugo, Santiago de Compostela

A USC acaba de publicar a listaxe con prazas vacantes para ingresar en estudos de mestrado neste segundo semestre, así como as prazas vacantes para traslados en graos con cota de prazas. En concreto, ofértanse 141 prazas para ingresar en 18 titulacións de máster, así como 64 prazas en 22 graos destinadas a persoas que iniciaron esas mesmas titulacións de grao noutras universidades e que desexan continuar os seus estudos na USC.

O prazo de matrícula nas prazas vacantes de mestrado comeza o 4 de febreiro ás 10.00 horas e remata o día 11 deste mesmo mes ás 23.59 horas. As prazas adxudícanse por orde de solicitude e a matrícula só abarcará as materias do segundo semestre. No caso dos graos, a solicitude de admisión vai dende as 00.00 horas do 4 de febreiro ata as 23.59 do día 11. As persoas admitidas deberán matricularse os días 16 e 17 de febreiro. Para as solicitudes de traslado en titulacións que non presenten cota de prazas o calendario é o mesmo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.02.2022.