Pasar al contenido principal

Exposición

Somos Quen: Científicas preto de Ti

11.02.2022-17.02.2022 | 11.00h

Santiago de Compostela
Centro comercial As Cancelas

Organizada polo CiTIUS en colaboración co centro comercial As Cancelas

#SomosQuen: Científicas preto de Ti
#SomosQuen: Científicas preto de Ti

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes promove a exposición '#SomosQuen: Científicas preto de Ti' no Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Recolle os testemuños de investigadoras do eido da tecnoloxía en distintas fases da súa carreira, que reflexionan sobre o seu papel como mulleres e científicas do CITIUS. As súas mensaxes están dirixidas a nenas e rapazas de todas as idades. 

O obxectivo desta iniciativa é dobre: por unha banda, servir de inspiración e contribuír a espertar novas vocacións investigadoras entre as nenas e rapazas que aínda non decidiran o seu futuro académico; por outro, a mostra trata tamén de promover e divulgar o labor científico desenvolvido polo CiTIUS como centro de investigación de referencia, poñendo especialmente en valor o papel da muller no ámbito da tecnoloxía.

Situada no centro comercial As Cancelas, poderá visitarse dende hoxe ás 11 ata a última hora da tarde do xoves 17 de febreiro. 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.02.2022.