Con Christian M.I.M. Matthiessen (School of Foreign Languages, Hunan University)

O proxecto E-LPHON4L-Sounds (PID2019-105678RB-C21) 'E-learning phonetics for life: English pronuntiation in digital environments for Spanish and Galician speaking learners' (2020-23, MICIN, AEI) programa o xoves, 17 de febreiro, un webinario co profesor M.I.M. Matthiessen (Hunan University).
Baixo o título TEXTS as logico-semantic complexes, varying in organization according to fields of activity within context, o webinario é financiado polo grupo de investigación Discourse & Identity (Grupo de Referencia Competitiva do SUG - ED431C 2019/01). A inscrición é de balde e deberá formalizarse antes do mércores, 16 de febreiro de 2022, cubrindo o formulario. A asistencia pode ser presencial virtual a través de MS TEAMS.
As persoas matriculadas recibirán un certificado de asistencia.