Pasar al contenido principal

Aberto ata o 28 de febreiro o prazo para tomar parte no Programa de Bolsas-Prácticas Fundación ONCE-CRUE

O período de inscrición esténdese ata o 28 de febreiro a través dun formulario en liña. FOTO: Santi Alvite
O período de inscrición esténdese ata o 28 de febreiro a través dun formulario en liña. FOTO: Santi Alvite
Esta convocatoria da USC diríxese a alumnado con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% e pretende facilitar o acceso a unha primeira experiencia laboral
Santiago de Compostela

A USC a través do Programa de Bolsas-Prácticas Fundación ONCE-CRUE convoca cinco bolsas co obxectivo de facilitar o desenvolvemento de prácticas académicas externas ao estudantado universitario con discapacidade, promovendo así a mellora da súa empregabilidade e o seu futuro profesional. Este programa pretende mellorar a carreira profesional das persoas con discapacidade e facilitar así o acceso a unha primeira experiencia laboral. O período de inscrición esténdese ata o 28 de febreiro a través dun formulario en liña.  

O período das prácticas será de tres meses, cunha contía total de 1.800 euros. As prácticas poderán desenvolverse en grades empresas, PEMES, microempresas, entidades de Economía Social e do terceiro sector, ou  noutras institucións e entidades públicas ou privadas. As prácticas poderanse desenvolver na modalidade presencial ou virtual. Poderá beneficiarse deste programa, o estudantado que teña unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, estean matriculados/as nun grao ou máster na USC e teñan superado máis do 50% dos créditos da titulación correspondente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.02.2022.