Pasar al contenido principal

Fase Galega

XIII Olimpíada de Xeoloxía

16.02.2022 | 10.30h

Santiago de Compostela

Participan 200 estudantes de Ensino Secundario e Bacharelato de toda Galicia

A Facultade de Bioloxía da USC acollerá o mércores 16 de febreiro as probas correspondentes á fase galega da XIII olimpíada de Xeoloxía, na que participan 200 estudantes Secundaria e Bacharelato de toda Galicia.  O centro compostelán será unha das cinco sedes do evento, que tamén se celebrará na Escola de Minas da Universidad de Vigo, a Facultade de Ciencias da Universidade de Ourense,  a Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, o IES Dionisio Gamallo e o Concello de Ribadeo. A presente edición conta tamén da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

O acto arrancará ás 10.30 horas coa benvida ás persoas participantes e contará coas presenza de  Celso Rodríguez Fernández, delegado do reitor da USC para asuntos de ensino medio; M. Carmen Monterroso Martínez, directora do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola; e de Teresa Taboada Rodríguez, decana da Facultade de Bioloxía. 

A partir das 18 horas procederase á entrega de premios. 

A olimpíada de Xeoloxía

A olimpíada de Xeoloxía é unha actividade educativa que pretende fomentar o interese polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das Ciencias da Terra.  O evento busca animar o estudantado participante a comezar estudos universitarios relacionados con esta disciplina ademais de destacar a importancia da preservación do medio natural.

A fase estatal, convocada un ano máis polo Colegio de Geólogos, a Sociedad Geológica Española e a AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) terá lugar o día 26 de marzo en Almería e a ela poderán concorrer as persoas gañadoras de cada Fase Territorial. De aí sairá a selección que competirá na fase internacional a finais do verán.

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.02.2022.