Pasar al contenido principal

Acto académico

Día da Psicoloxía Académica

24.02.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de actos

A Facultade de Psicoloxía celebra o xoves 24 de febreiro esta efeméride cun acto presidido polo reitor Antonio López e que dará comezo ás 12.00 horas

Facultade de Psicoloxía da USC
Facultade de Psicoloxía da USC

O Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía acollerá o acto conmemorativo do Día da Psicoloxía Académica.  O evento contará coas intervencións da decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez Prada; da decana da Facultade de Psicoloxía, Mª José Sampedro Vizacaya e da catedrática de Psicoloxía Social da Universitat Jaume I, Marisa Salanova Soria quen, en calidade de relatora convidada, ofrecerá  a conferencia 'Saúde mental no traballo: unha aproximación dende a Psicoloxía Organizacional Positiva".

O profesor José Manuel Sabucedo Cameselle será o encargado de presentar á conferenciante. 

O acto incluirá a entrega de insignia e diploma ao estudantado de premio extraordinario de grao e mestrado dos cursos 2019-20 e 2020-21. 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.02.2022.