Pasar al contenido principal

Estudantes internacionais do Campus Terra da USC visitan a Ribeira Sacra e os canóns do Sil

Barreiro e Santos, con estudantes internacionais do Campus Terra da USC, no catamarán do Sil da Deputación
Barreiro e Santos, con estudantes internacionais do Campus Terra da USC, no catamarán do Sil da Deputación
O vicerreitor Andrés Barreiro e o deputado provincial Álvaro Santos acompañaron á comitiva universitaria internacional nun paseo en catamarán desde Doade

Uns 50 estudantes internacionais que están a realizar estudos universitarios nos diversos centros do Campus Terra da USC realizaron esta fin de semana unha visita á Ribeira Sacra, durante a que tiveron a oportunidade de navegar en catamarán polas augas do Sil desde o embarcadoiro de Doade para logo participar nunha visita guiada a Castro Caldelas.

Esta actividade, organizada pola Vicerreitoría de Servizos Universitarios do campus de Lugo en aras a favorecer a integración do estudantado estranxeiro e tamén para a promoción internacional de Lugo e da súa provincia como destinos universitarios, contou tamén coa participación do vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, así como do deputado provincial Álvaro Santos.

A xornada de convivencia orientada ao alumnado internacional do Campus Terra da USC comezou o sábado en quenda de mañá coa celebración dun roteiro polo patrimonio rural do concello de Lugo. Neste percorrido pola contorna rural de Lugo participarán como guías os profesores Ana Cabana (historia agraria), Elena Freire (antropoloxía rural) e Juan Ortiz (arquitectura tradicional).

Unha vez rematado a visita polo patrimonio rural do concello de Lugo, a comitiva de estudantes internacionais desprazouse ata o embarcadoiro de Doade, onde, por xentileza da Deputación Provincial de Lugo, tivo a oportunidade de gozar dun paseo en catamarán polo canón do Sil. O guía e axente de viaxes de Galicia Infinita, Guido Álvarez, acompañou esta expedición internacional durante todo o percorrido pola Ribeira Sacra.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.04.2018.