Pasar al contenido principal

Workshop

The Luwic Dialectics of the Anatolian Group: Writing Systems, Grammar, Lexicon and Onomastics

24.02.2022-25.02.2022 | 09.45h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Organizado polo profesor García Trabazo

Workshop 'The Luwic Dialectics of the Anatolian Group: Writing Systems, Grammar, Lexicon and Onomastics'
Workshop 'The Luwic Dialectics of the Anatolian Group: Writing Systems, Grammar, Lexicon and Onomastics'

O Workshop que se celebrará o xoves  24 e venres 25 leva o mesmo título que o Proxecto de Investigación no que se insire: The Luwic Dialects of the Anatolian Group: Writing Systems, Grammar, Lexicon and Onomastics (Os dialectos lúvicos do grupo anatolio: sistemas de escritura, gramática, léxico e onomástica). O Proxecto articúlase en dous subproxectos coordinados, un pola Universidade de Barcelona, e outro pola USC.

Dende hai décadas vense incrementando de xeito moi apreciable o interese nas linguas ou dialectos lúvicos, parte fundamental da familia anatolia (co hitita como lingua máis coñecida), que á súa volta é a máis antiga documentada na gran familia das linguas indoeuropeas. Deste xeito compréndese ben o interese que desperta o estudo destas linguas cara á reconstrucción da protolingua indoeuropea, e daquela tamén para o estudo histórico-comparativo de todas as linguas da familia, incluidas as romances procedentes do latín, como son o galego e o castelán.

Programa do workshop
Programa do workshop
Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.