A editora en Chief Chemical & Engineering News da Americal Chemical Society participa no ciclo de conferencias que conmemoran o centenario dos estudos en Química da USC

Baixo o título 'Unha viaxe persoal a través da Química', o seu relatorio terá lugar o mércores 20 de abril ás 13.00 horas na Aula Magna da Facultade.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Bibiana Campos Seijo
Doutora en Química na Univ. Metropolitana de Mánchester (Reino Unido), conta cunha fonda experiencia laboral no eido editorial, dende Advanstar Communications, European Respiratory Society, Chemistry World e en revistas da Royal Society of Chemistry (Reino Unido). Precisamente, foi galardoada polo seu labor no liderado editorial, deseño, produtos multimedia e cultura innovadora.
Bibiana Campos Seijo é vicepresidenta de C&EN Media Group e editora en xefe de Chemical and Engineering News (C&EN).