Con Sara Rodríguez Pastoriza, da Área de Análise Matemática

O Salón de Graos da Facultade de Matemáticas acolle unha sesión do Seminario de iniciación á investigación do CITMAga con Sara Rodríguez Pastoriza.
Baixo o título , 'Ecuacións en modelos biolóxicos', a conversa permitirá abordar os principais modelos epidemiolóxicos de tipo compartimental, todos eles modelados a partir de sistemas de ecuacións diferenciais.
Analizarase o comprotamento das súas solucións co obxectivo de predicir e explicar a priori a evolución dunha enfermidade infeccionsa nunha determinada poboación. Isto permitirá actuar con antelación neste tipo de ameazas, adoptando as medidas de protección necesarias para o control da situación. Entre elas, destaca o illamento dos individos ou a súa vacinación, que suavizarán considerablemente o coñecido como pico da infección.