Con Sofía Quinteiro Ciobotaru, ao violín e Aurora Berná Rodríguez, ao óboe

A Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Compostela Sound presentan a quinta edición no Ciclo de Novos Talentos Musicais. Nel participan instrumentistas de orixe galega ou residentes en Galicia que non superan os 31 anos de idade.
O segundo dos recitais desta quinta edición terá lugar o luns, 14 de marzo, ás 20.30 h no Paraninfo da USC.
A violinista Sofía Quinteiro Ciobotaru interpretará ao violín composicións de Pablo de Sarasate e Ch. de Beriot, co acompañamento de Haruna Takebe ao piano. A seguir, a oboísta Aurora Berná Rodríguez tocará obras de W.A. Mozart e R. Strauss. Estará acompañada ao piano por Javier Ares Espiño.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.