O principio DACH baséase no recoñecemento fundamental da diversidade dos países de fala alemá, principalmente Alemaña, Austria e Suíza.

O Centro de Linguas Modernas da USC, o lectorado do Deutscher Akademischer Austauschdienst (DAAD) e Österreichischer Austauschdienst (OeAD), en cooperación co Foro Cultural de Austria en Madrid, a AT Filmakademie e o Goethe-Institut organizan 'DACH-Kino', un ciclo de cinema arredor dos filmes dos países de lingua alemá que pretende dar a coñecer a súa riqueza e a diversidade cultural e lingüística.
Coordinado por Laura Stupperich, Sebastian Windisch e José Manuel Pérez Pena, o ciclo programa do 29 de marzo ao 10 de maio unha serie de seis filmes que destacados das cinematografías alemá, austríaca e suíza. Todas as proxeccións serán os martes ás 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.
A cuarta das sesións terá lugar o martes 26 de abril coa proxección de Goethe! (Alemaña, 2010), dirixida por Philipp Stölzl. Contará coa presentación de Laura Stupperich.
Sinopse
Como estudante de Dereito, o mozo Goethe é miserable. Por iso o seu pai o envía ao Tribunal Supremo de Wetzlar. Alí Goethe continúa traballando con dilixencia na súa carreira como avogado. Pero el desexa ser poeta. En Wetzlar namórase de Charlotte Buff, quen xa está prometida con outra persoa. Goethe reacciona a esta triste circunstancia co seu traballo As mágoas do mozo Werther.
