Con Julio Rodríguez, director de tenda en Leroy Merlín

Achegar o mundo da empresa ao alumnado é o obxectivo do ciclo 'Aprendendo das empresas', unha serie de conversas organizadas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos de cada unha desas áreas e as tarefas que se desenvolven nelas no día a día.
A sexta sesión terá lugar o mércores, día 6 de abril o ás 12.00 horas no Salón de Graos da facultade, e contará coa presenza de Julio Rodríguez, director de tenda en Leroy Merlín. Dende a súa experiencia laboral, Rodríguez compartirá coas persoas asistentes os seus coñecementos en materia de distribución comercial. O seu relatorio conta coa colaboración do Mestrado Comercio Exterior.
Todas as persoas que participan como relatoras neste ciclo de conferencias foron parte do alumnado dos graos ou licenciaturas impartidas no centro, polo que as conversas tamén poden servir de referente para o alumnado actual.