Con Raquel Cortizo, directora xeral en Aluminios Cortizo S.A.

Achegar o mundo da empresa ao alumnado é o obxectivo do ciclo 'Aprendendo das empresas', unha serie de conversas organizadas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos de cada unha desas áreas e as tarefas que se desenvolven nelas no día a día.
A sétima sesión do ciclo terá lugar o mércores, día 20 de abril ás 12.00 horas no Salón de Graos da facultade, e contará coa presenza de Raquel Cortizo, directora xeral en Aluminios Cortizo S.A. Dende a súa experiencia laboral, Cortizo compartirá coas persoas asistentes os seus coñecementos en materia de dirección.
O evento conta coa colaboración das Cátedras Empresa Familiar Gallega.
Todas as persoas que participan como relatoras no ciclo foron parte do alumnado dos graos ou licenciaturas impartidas no centro, polo que as conversas tamén poden servir de referente para o alumnado actual.