Pasar al contenido principal

Conversas

Aprendendo das empresas: Administración e Contabilidade

27.04.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula B

Con Noelia Suárez López, directora de administración e Control do Grupo Castrosúa

Aprendendo das empresas: Administración e Contabilidade
Aprendendo das empresas: Administración e Contabilidade

Achegar o mundo da empresa ao alumnado é o obxectivo do ciclo 'Aprendendo das empresas', unha serie de conversas organizadas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos  de cada unha desas áreas e as tarefas que se desenvolven nelas no día a día.

A sétima sesión do ciclo terá lugar o mércores, día 27 de abril ás 12.00 horas no Salón de Graos da facultade, e contará coa presenza de Noelia Suárez López, directora de administración e control no Grupo Castrosúa. Dende a súa experiencia laboral, Cortizo compartirá coas persoas asistentes os seus coñecementos en materia de administración e contabilidade.

Todas as persoas que participan como relatoras no ciclo foron parte do alumnado dos graos ou licenciaturas impartidas no centro, polo que as conversas tamén poden servir de referente para o alumnado actual. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.03.2022.