Saída dende a praza de Cervantes

A última andaina do mes de abril terá lugar o xoves, día 21 ás 16.30 horas. A Praza de Cervantes servirá de punto de comezo e remate para un percorrido que transtitará polos parques da Almáciga, Bonaval e Cervantes e que permitirá ás persoas participantes afondar nos seus coñecementos na lingua española. A duración estimada do paseo é de 2 horas.
Para tomar parte nel, cómpre cursar inscrición previa a través do formulario dispoñible na web do Servizo de Deportes. O prazo remata o 20 de abril.
A tarifa de inscrición é de 4€ para a comunidade universitaria, 5€ para o alumnado egresado e 6€ para o resto de colectivos. Ademais, a comunidade universitaria pode facerse cun bono para 3 andainas polo importe de 11 €.