Auditorio
A sesión de cine, organizada co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, desenvólvese este mércores, a partir das 20.00 horas no Auditorio de Veterinaria. A entrada é libre e de balde ata completar aforo

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC acolle este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio do centro universitario, a proxección do filme ‘Unha veterinaria en la Borgoña’. Esta sesión, organizada pola Comisión de Igualdade de Xénero do centro universitario lugués en colaboración coa empresa Her-Vei, é de acceso libre e gratuíto ata completar o aforo.
O público presente na sala poderá visualizar a versión orixinal da comedia dirixida por Julie Manoukian, cuxo argumento permite ao espectador facer unha viaxe á Francia ‘baleira’ e amosa de xeito deivertido os ‘heroes’ do mundo rural, veterinari@s do mundo rural.
Esta longametraxe, cuxa protagonista é unha veterinaria epidemióloga que quere facer a súa tese de doutoamento sobre posibles virus residentes en animais, pero que poden afectar á humanidade, estreouse en Francia xusto antes da pandemia e acadou un notable éxito de público.