Pasar al contenido principal

XXVIII Festival de Teatro Universitario de Lugo

29/04/2022 - 20.30 horas

Auditorio Gustavo Freire (Lugo)

A compañía teatro USC-Lugo presenta este venres a peza 'Contos para seren contados' no auditorio Gustavo Freire

Cartaz de 'Contos para seren contados'
Cartaz de 'Contos para seren contados'

A vixésima oitava edición do Festival de Teatro Universitario, un certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, recupera este venres, a partir das 20.30 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo, a súa quenda de funcións, coa presentación da obra 'Contos para seren contados', a cargo da compañía de teatro USC-Lugo, que dirixe Aarón Navia. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.

 

 

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2022.