Pasar al contenido principal

Conferencia

A vicepresidenta segunda do Goberno Yolanda Díaz imparte un relatorio en Ciencias Políticas e Sociais

20.04.2022 | 11.30h

Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Díaz abordará as políticas públicas e desafíos políticos contra a precariedade laboral da mocidade

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, participa este mércores 20 de abril nun programa de actividades organizado polas facultades de Ciencias Políticas e Sociais, Dereito e Relacións Laborais. Díaz que cursou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, impartirá o relatorio ‘Políticas públicas e desafíos políticos contra a  precariedade laboral da mocidade. Por un novo contrato social que poña á xente moza no centro’, ás 11.30 horas, no Salón de Actos de Ciencias Políticas.

A ministra será recibida polo reitor Antonio López, o  decano de Políticas, Ramón Bouzas; a decana de Dereito, Ana Gude; e a decana de Relacións Laborais, Silvia Moscoso. Intervirán o reitor e o decano de Políticas, en representación dos tres centros . A sesión está organizada co gallo do trinta aniversario dos estudos de Ciencias Políticas en Compostela que foi adiado por mor da pandemia, así como con motivo da festividade de Relacións Laborais que terá lugar o vindeiro 1 de maio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2022.