28/04/2022 - 21.30 horas
A actuación, incluída no ciclo ‘Xoves de Moda’, comezará ás 21.30 horas, na explanada de acceso á Facultade de Administración e Dirección de Empresas

A banda luguesa ‘Los Jorobados del Miño’ ofrecerá o este xoves un concerto, a partir das 21.30 horas, na explanada de acceso á Facultade de Administración e Dirección de Empresas.
O concerto, que está incluído no ciclo ‘Xoves de Moda’, promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, é de acceso libre e gratuíto.