Pasar al contenido principal

Ciclo 'Ao sol'

Historia do portugués desde o Big Bang, e tamén do galego

Con Marco Neves, profesor na Universidade Nova de Lisboa

Cartel do evento
Cartel do evento

A horta do CiTIUS acollerá o martes, día 26 de abril unha  nova edición do ciclo 'Ao Sol'  na que contará coa presenza de Marcos Neves, profesor e investigador na Universidade Nova de Lisboa. Neves especialízase en tradución e historia da lingua portuguesa. Ten unha ampla traxectoria divulgativa en radio, televisión, prensa dixital e podcasts sobre curiosidades e historia do portugués. Nesta sesión, as persoas asistentes poderán conveersar con el sobre a esta historia e a súa relación co galego. Neves é un grande entusiasta dos lazos lingüísticos entre Galicia e Portugal, polo que compartirá coas persoas asistentes as vantaxes que supón iso supón para as habitantes dunha e doutra beira do Miño.

O último libro do profesor Marco Neves ofrece unha visión orixinal da humanidade, plasmada nunha idea: a do círculo da traducibilidade. Calquera persoa pode aprender calquera lingua humana (e non aprende ningunha linguaxe animal, por máis que o intente). Todo o que un ser humano di ou escribe pode ser traducido a todas as linguas da humanidade, por calquera persoa, independentemente da raza ou do sexo. Non obstante, a humanidade nunca poderia falar unha soa lingua: estamos condenados a traducir. Tamén por iso a idea de 'intraducibilidade' é profundamente contraria á idea de humanidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2022.