O profesor Emilio Carral moderará unha mesa redonda sobre soberanía alimentaria, na que intervirán Mar Pérez Freire, Dora Cabaleiro e Gabriel Lopes. Antes proxectarase o documental 'Nun tempo de horta'

A soberanía alimentaría, tal e como se denomina o dereito dos pobos a definir a súa política agroalimentaria e a que sexa ecolóxica, social, económica e socialmente axeitada, centrará este luns a temática das actividades programadas, a partir das 18.30 horas, na EPS de Enxeñaría, no marco do proxecto Acción Terra.
A sesión comezará coa proxección do documental ‘Nun tempo de horta’ e inclúe o comentario da súa directora, Carmen Granxeiro. De seguido, o profesor Emilio Carral Vilariño moderará unha mesa de debate sobre soberanía alimentaria na que intervirán como relatores Marta Pérez Freire, de Bico de Grao; Dora Cabaleiro, de Ribeiregas e Sindicato Labrego Galego, e Grabriel Lopes, da Sociedade Civil de produçom vexetal Lagar d’a Granha.