Pasar al contenido principal

Conferencia

'María Zambrano, o seu encontro con Ángel Valente'

27.04.2022 | 18.00h

Santiago de Compostela

A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética organiza esta conferencia de Rosa Mascarel.

María Zambrano e José Ángel Valente
María Zambrano e josé Ángel Valente

A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, acollerá o mércores 27 de abril, ás 18 horas, a conferencia sobre a filósofa María Zambrano, amiga e colaboradora do citado poeta, debida á ensaísta, pintora e xestora cultural Rosa Mascarell, membro do Patronato da Fundación María Zambrano e secretaria da Fundación Francisco Brines. A conferencia leva o título de “María Zambrano, su encuentro con Ángel Valente”. Presentará o acto o poeta Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente.

Rosa Mascarell é Máster en Estética e Teoría das Artes e Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Foi secretaria persoal e documentalista da filósofa María Zambrano e realizou a primeira ordenación completa do seu arquivo e biblioteca, ademais de encargarse da edición de Los Bienaventurados, da preparación de Los sueños y el tiempo e dos escritos sobre poesía que se publicaron de forma póstuma como Algunos lugares de la poesía. Co Institut Alfons el Magnànim, que dirixiu un tempo, editou o Epistolario Alfons Roig – María Zambrano (1955- 1985).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2022.