Pasar al contenido principal

XXVIII Festival de Teatro Universitario

30/04/2022 - 20.30 horas

Auditorio Gustavo Freire

A compañía teatro USC-Santiago de Compostela pecha este sábado, a partir das 20.30 horas, no ‘Gustavo Freire’ de Lugo a quenda de representacións con ‘A casa da forza 2, 52-58’

Cartaz coa programación do XXVIII Festival de Teatro Universitario
Cartaz coa programación do XXVIII Festival de Teatro Universitario

A vixésima oitava edición do Festival de Teatro Universitario, un certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, bota o pano este sábado, a partir das 20.30 horas, coa representación da obra ‘A casa da foraza 2, 52-58’, a cargo da compañía de teatro USC-Santiago, que dirixe Roberto Salgueiro.

A entrada é libre e de balde ata completar o aforo. Ao remate da representación, o público poderá participar nun coloquio co elenco de actores e mesmo director da compañía USC-Santiago, Roberto Salgueiro, quen tamén é responsable da dramaturxia desta obra.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2022.