O concerto do grupo formado por Álvaro Trillo, Maritxinha e Diego Salgado comezará ás 21.00 horas no auditorio da Casa do Saber. A entrada é libre e de balde ata completar aforo

Udra Trío, o triángulo artístico formado por Álvaro Trillo, Maritxinha e Diego Salgado, abre este luns 2 de maio, a partir das 21.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o ciclo Lubicán íntimo, programado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación Provincial de Lugo.
Os integrantes de Udra Trío, nos que se condensa o coidado da razón, a honestidade do corazón e a e a enerxía da víscera, exploran neste traballo os límites da fusión desde a linguaxe do neosoul, a través da que afonda na idea do amor na que os coidados e a empatía son as protagonistas.