04.05.2022 | 18.00h
Un filme do cineasta italiano Elio Petri
A Facultade de Filosofía da USC programa para o vindeiro mércores,4 de maio, ás 18.00 horas, unha nova proxección do Ciclo de Cinema Filosófico. Desta volta, o filme en proxección é La classe operaria va in paradiso, de Elio Petri.
A película proxectarase en V.OS.E. no Salón de Actos da Facultade e a presentación correrá a cargo de Martín Paradelo.
A asistencia é libre até completar a capacidade da sala.