O foro que reúne as e os profesonais da saúde de orixe galega celebra a súa segunda edición

Do 5 ao 7 de maio, a Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA) celebra na Facultade de Medicina e Ondontoloxía da Universidade de Santiago o seu II Encontro Mundial. Baixo o lema 'Ciencia con rigor, medicina con alma' o foro que estes días se celebra en Compostela pretende congregar as e os profesionais da saúde que teñan orixe galega sexa cal sexa o lugar onde exercen a súa profesión.
O evento conta coa colaboración da USC, do Parlamento de Galicia, as Consellerías de Sanidade, Política Social, Emprego e Igualdade, e Mar da Xunta de Galicia, así como do Servizo Galego de Saúde. Tamén o apoian entidades do ámbito privado como AstraZeneca, Chiesi, AFundación Social de Abanca, Boheringer Igelheim, Cantabria Labs, Faes Farma Healthcare, Fórmula Salid, Galento, Novartis, PSN e Sanofi.
A inauguración do evento terá lugar o mércores 5 de maio ás 17.00 horas no Salón Nobre de Fonseca. Nela intervirán Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Julio Ancochea, presidente de Asomega; María José López Couso, vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, Inmaculata Ramos, vicepresidenta de Asomega; e Alfonso Rueda, vicepresidente en funcións da Xunta de Galicia. Ademais, o acto contará coa presenza de Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade; Julián Álvarez Escudero, decano de Medicina da USC; Aniceto Charro, presidente de honra de Asomega; José María Eirós, vicepresidente de Asomega; Emilio Bouxa, catedrático emérito da UCM; Benito Regueiro, catedrático da USC; Francisco García Río, vicepresidente de Asomega, Rafael López, director de Academia Asomega; Xosé Sanchez Bugallo, alcalde de Santaigo; María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego ; Fabiola Martínez, conselleira de Política Social; Rosa Quintana, conselleira do Mar; e Miguel Carro, presidente de PSN.