Na honra de Florencio Delgado Gurriarán
A USC únese ás celebracións en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, o autor ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, cun acto oficial o venres 13 de maio a partir das 12 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O acto contará coa presenza do reitor da USC, Antonio López Díaz; da secretaria xeral da USC, Dulce García Mella; do director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás Escaneo; da profesora Dolores Vilavedra Fernández e do académico expresidente da Real Academia Galega e profesor xubilado da USC, Xesús Alonso Montero, que pronunciará a conferencia “Da singular biografía lingüística de Florencio Delgado Gurriarán".
A profesora Dolores Vilavedra, editora do libro Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia infinda, será a encargada de presentar este volume que publica o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC..
O acto incluirá tamén unha intervención musical a cargo de Samuel Diz, que interpretará a Canción de berce de Rosita García Ascot e o Montento andaluz, de Simón Tapia Colman.
A asistencia é libre previa confirmación no correo reitor.secretaria [at] usc.gal (reitor[dot]secretaria[at]usc[dot]gal) ata o 11 de maio.