Domus do Mitreo
O primeiro pase comeza ás 20.15 e o segundo, ás 21.30. horas. As persoas interesadas poden solicitar entrada de balde a través do enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es

O programa ‘Noite na Domus’, unha actividade complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ a través do que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, remata este mércores 18 de maio, cunha dobre sesión de visitas guiadas por Celso R. Cao e con acompañamento musical do zanfoñista do Arneiro Germán Díaz.
Os dous pases programado, nos que o aforo máximo é de 25 participantes, comezarán ás 20.15 e ás 21.30 horas, respectivamente. As persoas interesadas poden solicitar xa de balde as entradas a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). Tamén se poden informar a través do número de teléfono 982 821 511 en quenda de 9.00 a 14.00 horas.