Pasar al contenido principal

Con Gastón Giribet e Estíbaliz Espinosa

Transfronteirizas: conversas de arte e ciencia

19.05.2022 | 19.00h-20.00h

Auditorio
Santiago de Compostela

O de diálogos en liña do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) celebra o seu segundo aniversario cunha nova edición en formato presencial.

Cartel da sesión
Cartel da sesión

Baixo o lema 'Conversas de arte e ciencia', o encontro entre Estíbaliz Espinosa e  Gastón Giribet, moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, desenvolverase no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC  o 19 de maio ás 19.00 horas con entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala. Tamén se poderá seguir o evento en directo a través da canle de Youtube do IGFAE.

Esta nova quenda de 'Tranfronteirizas' reúne a Estíbaliz Espinosa, cantante e escritora que ten convertido a súa curiosidade sobre o ceo  e o universo en material sensible a través da súa obra; e a Gastón Giribert, físico teórico, que leva boa parte da súa traxectoria profesional traballando arredor de buratos negros e as abordaxes literarias e filosóficas sobre as dimensións do universo e estes astros que son fonte de numerosos paradoxos.

Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974) é escritora e comunicadora de ciencia, así como cantante. Estudou Socioloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e astronomía como afeccionada. Publicou varios libros de poesía en galego (Curiosidade ou  As neuronas irmás, entre outros), traducións, relatos e ensaio sobre literatura e ciencia. Organiza actividades ao redor da poesía, a astronomía e a música. Traballou para entidades como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Museos Científicos Coruñeses e faino actualmente na Universidade da Coruña, onde imparte escritura creativa.

Gastón  Giribet (Bos Aires, 1973) é doutor en física e profesor de Física Teórica da Universidade de Bos Aires. Tamén foi membro doutras institucións, como o Institute for  Advanced  Study de Princeton, a New York University e a Université Libre de  Bruxelles. É autor de máis de cen artigos científicos e, xunto a José Edelstein, publicou o libro Cuerdas y supercuerdas: la naturaleza  microscópica de las partículas y del  espaciotiempo.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.05.2022.