Pasar al contenido principal

Preestrea

Proxección do documental 'Removendo a terra'

30.05.2022 | 19.30h-20.30h

Paraninfo
Santiago de Compostela

O grupo Histagra promove a presentación en estrea deste filme documental de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro

Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC acolle o 30 de maio ás 19.30 horas a presentación do documental 'Removendo a Terra', de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro.

O filme, elaborado en colaboración coa asociación O Faiado da Memoria, recolle o traballo realizado a partir da exhumación levada a cabo na fosa común do cemiterio de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, nas primeiras semanas do mes de novembro de 2021, coa fin de documentar o proceso da apertura así como da dignificación das persoas que alí foron enterradas entre os anos 1936 e 1939.

O desenvolvemento deste documental enmárcase no do programa de traballo do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, unha iniciativa investigadora resultado dun convenio de colaboración entre a USC e a Xunta de Galicia en 2021, que permitiu o artellamento dun grupo interdisciplinar de investigación (integrado por historiadores, arqueólogos, forense e xenetistas, membros de diferentes grupos de investigación da USC) cara á documentación, exhumación, análises forenses e xenéticas dos restos mortais atopados nas fosas comúns de Vilagarcía de Arousa e Crecente. 

Pódese atopar máis informaciónsobre o proxecto na web: http://fosas.nomesevoces.net/lugares/cartografia

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.05.2022.