Programa de Doutoramento en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe
Investigadoras e investigadores da Facultade de Humanidades, asociados ao Programa de Doutoramento en Estudos Culturais, presentarán en xuño, ao longo de varias xornadas, os resultados dos seus Plans de Investigación.

A Facultade de Humanidades acollerá, os vindeiros 2, 3, 6 e 7 de xuño no Salón de Graos, as Xornadas 'Presentación Plans de Investigación', organizadas polo Programa de Doutoramento en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe, dependente da Escola de Doutoramento Internacional da USC.
Cada xornada estará vinculada a unha ou varias liñas de investigación do Programa de Doutoramento. Nestas sesións o alumnado fará un repaso polos obxectivos, metodoloxía e resultados iniciais da súa investigación, establecéndose posteriormente un espazo de coloquio e debate cos asistentes ao acto.
Todas as sesións comezarán ás 12.00h, celebrándose en formato presencial / online. Aquelas persoas interesadas en asistir a algunha das sesións poderán facelo cubrindo un rexistro online, no que indicarán se asistirán presencial ou virtualmente. Durante o proceso de rexistro facilitaráselles un enlace para poder facer o seguimento deste último xeito.
A información sobre as exposicións de cada unha das xornadas e o rexistro pode atoparse a continuación:
2 xuño 12:00-13:00 - Máis información e rexistro
3 xuño 12:00-14:00 - Máis información e rexistro
6 xuño 12:00-13:30 - Máis información e rexistro
7 xuño 12:00-14:00 - Máis información e rexistro
O programa completo das xornadas pode descargarse desde aquí.