Pasar al contenido principal

Xornadas

'A incorporación da perspectiva de xénero ao réxime e ás actividades do sector público local'

25.05.2022 | 09.00h-20.45h

Sala de Xuntas
Santiago de Compostela

A USC, a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Democracia e Goberno Local organizan estas xornadas.

Xornadas 'A incorporación da perspectiva de xénero ao réxime e ás actividades do sector público local'
Xornadas 'A incorporación da perspectiva de xénero ao réxime e ás actividades do sector público local'

A Sala de Xuntas da Facultade de Dereito acollerá o mércores 25 de maio as xornadas 'A incorporación da perspectiva de xénero ao réximen e ás actividades do sector público local'. A súa inauguración terá lugar ás 9.00 horas nun acto no que intervirán o reitor da USC, Antonio López; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza; a decana da Facultade de Dereito, Ana Gude Fernández; o director da Fundación Democracia e Goberno Local, Alfredo Galán Galán; e Noelia Betetos, directora da xornada. 

A seguir, desenvolveranse oito sesións de conferencias e presentacións de ponencias que abordarán, entre outros temas, a incidencia da perspectiva de xénero na xestión, organización e emprego público local; a incorporación da igualdade de xénero á contratación pública local; a transformación dos servizos públicos locais por impulso da perspectiva de xénero e a súa influencia na ordenación do territorio e no desenvolvemento de novas visións do urbanismo; ou a aproximación á seguridade pública local dende o punto de vista da igualdade de xénero. 

A sesión de clausura terá lugar ás 20.45 horas coa presenza de Klaudia Kurcani, secretaria da Xornada; Begoña López Portas, secretaria do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado; Susana López Abella; Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia; Natalia Pérez Rivas, vicedecana da Facultade de Dereito; e Carla Casanueva, directora do OIRESP. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2022.