Salón de Actos
A directora da EPSE, Rosa Romero; o coordinador do LaboraTE da USC, David Miranda, e o investigador Quico Ónega, presentarán este xoves, ás 19.30 horas o volume que compila diversos estudos e artigos sobre xestión territorial

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo da USC lembra a memoria de Rafael Crecente Maseda coa presentación do volume homenaxe Land Matters, unha obra editada polo Servizo de Publicacións da USC e na que se compilan diversos artigos e estudos cuxa temática está directamente ligada coa xestión territorial, o ámbito que centrou o labor do investigador xa finado.
A directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero; o coordinador do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da USC, David Miranda, e o investigador Quico Ónega participarán este xoves, ás 19.30 horas, no salón de actos do centro universitario lugués, na sesión de presentación deste novo volume, a través do que se pretende manter viva a memoria e o legado de Rafael Crecente Maseda.
As persoas interesadas en participar neste acto, así como nos petiscos que se servirán de seguido, poden formalizar a súa confirmación de asistencia neste formulario en liña ou tamén a través do número de teléfono 982 822 833 ata as 14.30 horas do 8 de xuño.
A sesión de presentación de Land Matters tamén se poderá seguir de xeito telemático a través da plataforma Zoom, con audio en galego e en inglés, ou mesmo a través da canle de YouTube do LaboraTE.