Pasar al contenido principal

Acto académico

Graduación da X promoción do Grao en ADE

10.06.2022 | 17.30h

A delegada do reitor para o Campus Terra, María Elvira López Mosquera, será a encargada de presidir o acto

Facultade de ADE. FOTO: Santi Alvite
Facultade de ADE. FOTO: Santi Alvite

O venres, día 10 de xuño ás 17.30 horas, a Aula Magna da Facultade de Administración e Empresas do Campus de Lugo acollerá o acto de graduación da décima promoción do Grao en ADE. 

A delegada do reitor para o Campus Terra, María Elvira López Mosquera, será a encargada de abrir o acto académico e presentar a resto de integrantes da mesa. O evento contará coas intervencións  de Miriam Gómez Barreiro, madriña do acto e profesora da Facultade de ADE; Roberto Bande Ramudo, decano da Facultade; Salustiano Velo Sabín, decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo; Pablo Rivera Capón, deputado da Área de Promoción Económica e Social;  Silvia Alonso Pérez, concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Lugo ; e José A. Díez de Castro, secretario xeral de Universidades. 

O acto académico incluirá ademais o recoñecemento ao mellor expediente académico do Grao en ADE da promoción 2017/2021 e gardará tamén lugar para a intervención de Diego Rivas Regueiro, en representación do alumnado. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.06.2022.