Pasar al contenido principal

Acto académico

Entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach 2022

10.06.2022 | 17.00h

Salón de Actos

O acto estará presidido polo reitor da USC e nel recibirán o diploma 90 estudantes

Entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach 2022
Entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach 2022

O STEMbach, ou Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario. Diríxese tanto ao estudantado de Humanidades como ao de Ciencias e foi creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital. 

O venres, día 10 de xuño, a Facultade Filoloxía acollerá o acto de entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach 2022, un evento que será presidido polo reitor da USC, Antonio López. 

A cerimonia comezará ás 17 horas no Salón de Actos do centro e nela recibirán a distinción 90 estudantes que contarán coa compaña das súas familias, das  coordinadoras e dos coordinadores de STEMbach dos centros de Ensino Medio e as directoras e os directores dos proxectos pertencentes a Universidade de Santiago.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.06.2022.