15.06.2022 | 17.00h
Un filme do cineasta Robert Bresson

A Facultade de Filosofía da USC programa para o vindeiro mércores, 15 de xuño, unha nova proxección do Ciclo de Cinema Filosófico. Desta volta, o filme en proxección é Mouchette (1967), de Robert Bresson.
A proxección, en versión orixinal subtitulada en español, arrancará ás 17.00 horas no Salón de Actos da facultade, e a presentación correrá a cargo do profesor Xavier de Donato.
A asistencia é libre até completar a capacidade da sala.