Pasar al contenido principal

A USC abre as portas ao alumnado de Formación Profesional

O reitor da USC, xunto con responsables académicos e políticos, e alumnado de FP
O reitor da USC, xunto con responsables académicos e políticos, e alumnado de FP
O reitor Antonio López ofrece un recibimento a máis de 160 estudantes procedentes de toda Galicia que completaron titulacións de FP cun expediente medio de sobresaínte no marco dun concorrido acto celebrado no auditorio Gustavo Freire de Lugo

Lugo, mércores 15 de xuño de 2022. O reitor da USC, Antonio López, ofreceu este mércores, no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo, un acto de recoñecemento que institucional a máis de 160 titulados en Formación Profesional cunha nota media de sobresaínte que participaron na última convocatoria das ABAU en Galicia.

Antonio López aproveitou este encontro para abrir as portas da USC a este colectivo de alumnado preuniversitario, ao que convidou a ampliar a súa formación nas aulas da institución académica. A sesión serviu tamén para facer visible as vías de conexión existentes entre a FP e os estudos universitarios, tal e como o proba o feito de que máis de 400 tituladas e titulados en FP formalizaron no último bienio a súa matrícula en diversas titulacións universitarias impartidas nos campus de Lugo e de Santiago.

Os vicerreitores de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e de Titulacións e Internacionalización, María José López, e a secretaria Xeral da USC, Dulce García Mella, acompañarán ao reitor neste encontro con alumnado preuniversitario, no marco do que entregaron diplomas de recoñecemento de mérito ao alumnado presente.

O concelleiro de Deportes e Xuventude Concello de Lugo, Mauricio Reppeto; o tenente de alcalde do Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte; o director Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, José Luis Mira Lema, e o deputado provincial delegado de área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, tamén asistiron a este acto de homenaxe.

O delegado do reitor da USC para Ensino Medio, Celso Rodríguez; o director do centro público integrado de Formación Profesional As Mercedes, Joaquín Expósito López, e a alumnado do centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude Anyela Roca Paz, que falou en representación do alumnado galardoado, completaron a quenda de relatores que tomaron parte na sesión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.07.2022.