Pasar al contenido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

Introdución ao espazo escénico sonoro

21.06.2022 | 10.30h

Santiago de Compostela
Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

USCénica Formación
USCénica Formación

O programa formativo do USCénica 2022 inclúe un curso 'Introdución ao espazo escénico sonoro', que impartirá o docente Xurxo Pinheiro. 

Este seminario propón unha viaxe na que, por medio da experiencia do espazo sonoro da última creación da compañía galega Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E., se abordarán distintos aspectos relacionados co son no teatro como a xestión de efectos sonoros, gravados ou creados en directo, o tratamento da voz ou a disposición de altavoces e micrófonos e o seu uso creativo.   O obxectivo de este encontro é a reflexión sobre a sonorización teatral, así como dotar das ferramentas  para súa implantación en xira.

Desenvolverase o día 21 de xuño, das 10.30 ás 14.30 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

Hai oito prazas dispoñibles que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas en participar deben dirixirse ao enderezo electrónico uscenica.cursos [at] usc.gal (uscenica[dot]cursos[at]usc[dot]gal), indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e o título do curso. O custo desta proposta formativa é de 20 euros para a comunidade universitaria e de 30 euros para público xeral. A matrícula non será efectiva ata o momento do seu pagamento, que deberá realizarse 2 días hábiles antes do inicio do curso. 

Máis información na páxina web de USCénica

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2022.