Trátase dunha publicación do Real Instituto Universidade de Estudios Europeos (CEU)

O luns día 27 de xuño celebrarase na Facultade de Filosofía a presentación do libro de Marcelino Oreja Aguirre titulado 'Europa, vocación e destino de España', publicado polo Real Instituto Universidade de Estudos Europeos (CEU). O libro recolle os discuros e intervencións de Marcelino Oreja Aguirre, fillo adoptivo da cidade de Santiago de Compostela, académico de honra da Academia Xacobea e Premio do Grupo Compostela de Universidades.
O acto terá lugar ás 17.45 horas no Salón de Actos do centro e contará coa presenza do autor, do prologuista do volume, Íñigo Méndez de Vigo; da catedrática de Filosofía do Dereito da USC, Milagros Otero Parga; do presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou Lorenzo; e do decano da Facultade de Filosofía, Marcelino Agís Villaverde. A profesora do centro, Rocío Carolo Tosar será a encargada de conducir o evento.
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.