Pasar al contenido principal

Taller Internacional de Análise do Discurso de Santiago de Compostela

IWoDA'22

Do 7 ao 8 de xullo de 2022

Santiago de Compostela
Salón de Actos e MS TEAMS

A nova edición do taller céntrase na temática ‘Tecnoloxías dixitais e gaming: implicacións e aplicacións para o uso, ensino e aprendizaxe da linguaxe’

Cartel do IWoDA'22
Cartel do IWoDA'22

A sexta edición do Taller Internacional de Análise do Discurso de Santiago de Compostela (IWoDA'22), desenvolverase os días 7 e 8 de xullo na Facultade de Filoloxía da USC, tanto no Salón de Actos deste centro, como a través de Teams. A asistencia é de balde pero debe formalizarse inscrición previa a través desta ligazón. O prazo pecha este xoves 30 de xuño.

Nesta edición, o taller céntrase na temática ‘Tecnoloxías dixitais e gaming: implicacións e aplicacións para o uso, ensino e aprendizaxe da linguaxe’, contando coa participación de investigadoras e investigadores nas liñas temáticas ‘Políticas educativas, internacionalización, sustentabilidade e sociedade’, ‘Contornas dixitais e alfabetizacións: deseño, test e avaliación’, e ‘Gaming e videoxogos: tendencias e retos.’ 

O alumnado da USC debe formalizar a súa matrícula a través da Secretaría  Virtual pois o evento ten recoñecido 1 ECTS. As persoas matriculadas recibirán un certificado de asistencia. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2022.