29.06.2022 | 17.00h-19.00h
Unha película do cineasta Nicolas Winding Refn

A Facultade de Filosofía da USC acollerá o vindeiro mércores última das sesións do Ciclo de Cinema Filosófico programadas para este curso. Desta volta, o filme en proxección é 'The Neon Demon', (2016) do cineasta Nicolas Winding Refn.
O pase, en versión orixinal subtitulada ao español, arrancará ás 17.00 horas no Salón de Actos da facultade, e a presentación correrá a cargo de Laura Lojo, profesora da Facultade de Filoloxía da USC.
A asistencia é libre até completar a capacidade da sala.