Pasar al contenido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'Interpretación: como saír da zona de confort actoral sen traumas e con ferramentas para a creación'

Do 4 ao 8 de xullo

Santiago de Compostela
Sala Luísa Cuesta

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

USCénica Formación
USCénica Formación

O programa formativo do USCcénica 2022 inclúe o curso I'Interpretación: como saír da zona de confort actoral sen traumas e con ferramentas para a creación',  unha proposta que conduce a actriz Rebeca Montero e que se desenvolverá do 4 ao 8 de xullo, das 16.30 horas ás 19.30 horas na Sala Luísa Cuesta. 

Hai oito prazas dispoñibles que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas en participar deben dirixirse ao enderezo electrónico uscenica.cursos [at] usc.gal (uscenica[dot]cursos[at]usc[dot]gal), indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e o título do curso. O custo desta proposta formativa é de 40 euros para a comunidade universitaria e 80 euros para público xeral.  A matrícula non será efectiva ata o momento do seu pagamento, que deberá realizarse 2 días hábiles antes do inicio do curso. 

Máis información na páxina web de USCénica

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2022.