USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo

A compañía Funboa Escénica toma parte no USCénica 2022 con Roland Mon Amour (work in progress), unha proposta que chega á Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño o mércores 6 de xullo ás 21.00 horas
As entradas para esta función teñen un prezo de tres euros e poden ser adquiridas nese mesmo espazo dende hora e media antes do seu comezo.
Máis información na páxina web do evento
A peza
Roland Mon Amour é un proxecto de Artes Vivas que fusiona palabra, música, acción escénica é movemento. É un monólogo multidisciplinar desde a fraxilidade, o amor á musica e á festa. Quero someter a tratamento á miseria con autotune, falar das gangas, do cotián, compartir os meus tips de supervivencia nas artes, buscar cómplices, cantar, acariciar o meu sinte e bailar.
