Pasar al contenido principal

O investigador e coordinador da Rede Inmunogenom Paulino Martínez fala este mércores do sexo dos peixes no Vello Cárcere

Cartaz da conferencia
Cartaz da conferencia
O relatorio, que se encadra nun ciclo sobre investigación en acuicultura feita en Galicia, comeza ás 19.45 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

O catedrático de Xenética da USC e coordinador do grupo de investigación Acuigen, Paulino Martínez, ofrecerá este mércores, a paritr das 19.45 horas, no salón de actos do Vello Cárcere de Lugo, un relatorio co título 'O sexo tamén é importante en acuicultura'.

A conferencia, de entrada libre e de balde para todas as persoas interesadas na temática, encádrase no ciclo de relatorios 'Investigación en Acuicultura made in Galicia', proposta de divulgación científica a través da que a que a Rede de Investigación Inmunogenom quere dar a coñecer a importancia das actividades que está a desenvolver.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.11.2018.