07.07.2022 | 18.00h-20.00h
A titulación en criminoloxía asegura que as persoas graduadas no centro teñan a capacidade de realizar un estudo multidisciplinar do fenómeno criminal, realizando unha análise global e efectiva do delito.
O xoves 7 de xullo unha nova promoción do Curso Ponte en Criminoloxía celebrará o seu acto de graduación. O evento desenvolverase a partir das 18.00 horas na Facultade de Dereito.