Pasar al contenido principal

Laboricia mantense como ferramenta clave na procura de traballo en Galicia

Cartel de Laboricia
Cartel de Laboricia
O portal está impulsado pola Asociación de Antigos/as Alumnos/as e Amigos/as Alumni USC
Santiago de Compostela

A Asociación de Antigos/as Alumnos/as e Amigos/as Alumni USC segue a actualizar con novas ofertas Laboricia, un portal de emprego que naceu o ano pasado co obxecto de facilitar a procura de traballo en Galicia entre os e as universitarias co fin de atraer e reter talento en Galicia. “É unha ferramenta que vai dirixida a estudantes e persoas que se acaban de titular e que estean na procura de emprego ou de prácticas en Galicia”, explican dende Alumni USC. “Igualmente, o portal vai dirixido a persoas con alta cualificación, formación de posgrao, máster ou doutoramento, que poden achegar un elevado valor engadido ás empresas e entidades galegas que os precisen, aínda que estean traballando fóra de Galicia e desexen regresar”, engaden dende a asociación.

Laboricia tamén pode resultar de utilidade a entidades establecidas en Galicia, que procuren persoal con formación cualificada en calquera ámbito e desexen contribuír a conservar talento. Pequenas e grandes empresas, entidades de economía social, despachos profesionais, centros de investigación, axencias ou organismos públicos, entre outros, poden rexistrarse e mostrar as súas ofertas de emprego ou prácticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.07.2022.